Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2017

Qué é a #Blockchain ? #Infografía

Imaxe
Podemos (e debemos) definir a Blockchain ou Cadea de blocos como un libro contable público, inmutabel e descentralizado. Cando se realiza unha transacción, esta é verificada por unha rede de ordenadores que gardan todos a mesma información actualizada nun intre similar. Esta verificación dalle validez a transacción, e os Assets pasan a propiedade do novo dono, identificado por un número de carteira. A redundancia dos datos, (que estén repetidos en moitos ordenadores) permite que si hai un sabotaxe, ou unha "disjrasia"· nalgún dos servidores os outros ordenadores fagan o traballo que lle correspondería a ese nodo, que unha vez volva a encenderse terá que actualizar as últimas transaccións para poñerse o día. En canto ás criptomoedas, debemos lembrar que... Non teñen valor intrínseco. Non teñen forma nin apariencia física, ainda que podese trasladar seu valor a obxectos (carteiras de papel, por exemplo) Non están controladas por ningún banco nin ningunha institución